Tuesday 14 de May de 2024

Aberto o prazo para inscribirse en 11 novos cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías en cinco parroquias do municipio


Terán lugar do 3 de abril ao 8 de xuño
O Concello de Riveira informa da apertura do prazo de inscrición para anotarse en 11 novos cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías, que terán lugar entre os días 3 de abril e 8 de xuño.

Os cursos estarán repartidos de luns a xoves en cinco parroquias do municipio (Riveira, Oleiros, Corrubedo, Castiñeiras, e Aguiño) e versarán sobre iniciación á informática, DNI electrónico e certificados dixitais; retoque fotográfico (GIMP), edición de audio e vídeo, e dispositivos móbiles.

Os interesados poden anotarse dende hoxe ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas na aula CeMIT de Riveira ou ben no seguinte enderezo:
https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e2s1